ASOCIACION ASPERGA

Festa de Nadal 2

O día 30 de decembro teremos unha festa de Nadal en Pontevedra.
Reunirémonos ás 16:00 horas porque temos "moito traballo" que facer.
O primeiro será plantar unhas poucas árbores e plantas para que o
recinto do local sexa máis bonito. Para iso invitaremos ao Alcalde de
Pontevedra e á Concelleira de Benestar Social que foron os que nos
deron acceso ao local. Tamen invitaremos aos tres grupos municipais
para agradecerlle a colaboración que nos prestan ou para pedirlle
colaboración...

Máis ou menos ás 17:00 horas temos previsto, se o tempo acompaña, unha
actividade fora do local; algo así como a procura dun pequeno tesouro.
Como acabaremos cansos despois teremos unha merenda para repoñer forzas.
Seguro que o pasaremos ben. Esperamos a vosa asistencia, pero tendes
que avisar antes posto que temos que facer moitos preparativos.

Un saúdo

A Xunta Directiva

Comentarios

No hay ningún comentario

Añadir un Comentario: